doinnn

Sobre Doinnn

Doinnn é unha colección de cartaces nos que se tratan temas ligados á práctica cotiá do deseño a través dunha comunicación sinxela, rápida e estruturada en diferentes niveis de lectura.

Trátase fundamentalmente, de reunir informacións de utilidade durante o proceso creativo: que liberen a nosa atención, que nos aforren algún minuto perdido buscando en internet ou que incluso poidan servirnos de inspiración.

Os pósters están concibidos tanto para a súa consulta online como para ser impresos por medio de impresoras de escritorio e ser colocados en calquera recuncho.

Toda a obra publicada está suxeita á licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0.

Sobre o Autor

O meu nome é Miguel. Son un deseñador gráfico e psicólogo social natural de Lugo (Galiza).

Doinnn foi o meu proxecto de fin de carreira; un traballo que quixen enfocar nos fundamentos do deseño, a infografía e a web. En Doinnn o deseño tórnase código e mensaxe a un tempo, a disciplina ponse a servizo de si mesma.

Podes contactarme por medio deste enderezo: contact@doinnn.com. Tamén podes ver os meus traballos en www.miguelbarreiro.com.